Promocións vixentes
BASES LEGAIS DA PROMOCIÓN “PLAN AMIGO”
1. Obxecto da promoción
A promoción Plan Amigo ten como finalidade premiar ás persoas clientes de IteGal que recomenden o servizo de acceso a internet a novos clientes, de acordo coas condicións establecidas nas presentes bases legais.
2. Ámbito de aplicación
A promoción será válida unicamente nas zonas nas que IteGal dispoña de cobertura para o servizo de acceso a internet.
3. Participantes
Poderán participar na promoción:
- Persoas clientes actuais de IteGal que estean ao día nas súas obrigas de pagamento.
- Novas persoas clientes recomendadas que non fosen clientes de IteGal nos doce (12) meses anteriores á solicitude de alta.
4. Servizos incluídos
O Plan Amigo aplicarase exclusivamente ao servizo de acceso a internet, quedando expresamente excluídos outros servizos como a telefonía móbil, a telefonía fixa ou calquera outro servizo adicional.
5. Condicións do desconto
- O desconto aplicarase unha vez que a nova persoa cliente teña activado o servizo e aboado os seus tres primeiros meses completos.
- O desconto realizarase directamente na factura da persoa cliente beneficiaria.
- En ningún caso o desconto será canxeable por diñeiro en efectivo nin por outros beneficios distintos aos establecidos nesta promoción.
6. Cancelación anticipada
No caso de que a nova persoa cliente cause baixa do servizo dentro dos primeiros seis (6) meses desde a alta, IteGal resérvase o dereito de recuperar o importe do desconto aplicado no marco do Plan Amigo.
7. Limitacións e exclusións
IteGal resérvase o dereito de:
- Excluír da promoción aquelas altas que non cumpran as condicións establecidas nestas bases.
- Modificar ou cancelar a promoción en calquera momento, informando debidamente ás persoas clientes polos medios habituais.
8. Aceptación das bases
A participación na promoción Plan Amigo implica a aceptación íntegra das presentes bases legais.
- Fibra 300/300 Mbps
- Liña móbil, chamadas ilimitadas e GB a consultar segundo a cobertura móbil
- Prezo 6 meses: 29,95 €/mes IVE incluído
- Prezo despois da promoción: 35,95 €/mes IVE incluído
- Permanencia 12 meses
FINANCIAMENTO
- Posibilidade de financiar tantos terminais como liñas móbiles se contraten
- Financiamento supeditado á aprobación pola entidade financeira Cetelem
- Permanencia 24 meses


