Bonos dixitais

Xa está aberto o prazo de solicitude dos bonos dixitais para facilitar a contratación de banda larga a colectivos vulnerables.

IteGal somos entidade colaboradora, e podes solicitar o bono social dixital para contratar internet connosco.

Que cubren os bonos?

Descuento

Redución mensual de ata 20 euros no custe do servizo de internet ata 240 euros ao ano.

Conexion

Permiten contratar ou mellorar a conexión a banda longa fixa cunha velocidade mínima de 30Mbps durante un ano.

Clientes

Máis de 5.700 persoas beneficiarias dos bonos.

Quen pode pedir o bono?

  • Persoas que xa sean beneficiarias de prestacións públicas da renda de inclusión social de Galicia, a Risga, da Xunta de Galicia ou do ingreso mínimo vital do Goberno de España.
  • Calquera persoa física maior de idade con ausencia ou déficit grave de recursos económicos ou que se atope en situación o risco de exclusión social. Considérase ausencia ou déficit grave de recursos económicos cando na unidade familiar o nivel de renda sexa igual ou inferior a:
    • 1,25 veces o IPREM, se non existe a unidade familiar ou non hai menores.
    • 1,75 veces o IPREM, se hai menores na unidade familiar.
  • Os beneficiarios deben estar empadroados e ter residencia en calquera dos concellos da Comunidade Autónoma de Galicia.
  • So se poderá conceder un bono dixital por persoa física e por unidade familiar.

Como se solicita o bono?

Vía presencial

As persoas interesadas poden acudir ao traballador social do seu concello para realizar a solicitude.

Vía electrónica

A iniciativa, enmarcada no programa estatal ÚNICO Bono Social,  conta cun orzamento de 1,3 millóns de euros, que forman parte dos fondos que o Goberno de España transfire a Galicia no marco do compoñente 15 Galicia do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia. Para todas as persoas que non podan disfrutar dun bono nesta convocatoria, prevese unha nova para inicios do 2023.