Coñécenos

Somos un operador de comunicacións galego de ámbito nacional con sede social en Lugo. Contamos cunha ampla experiencia en achegar solucións en servizos de comunicación dende 2010. Chegamos onde ninguén chega.

Ofrecemos servizos de comunicacións en banda ancha ultra rápida

tecnoloxía GPON (fibra óptica)

tecnoloxía de radio baseada na LTU

ambos proporcionados a través
da nosa propia rede!

Temos cobertura nunha superficie que abrangue a meirande parte de Galicia.

Ademáis dispoñemos de acordos con todos os operadores con alcance nacional e internacional para achegar servicios globais a calquera punto de España.

O noso ámbito de traballo é Galicia.

Unha nova xeración de servizos avanzados de acceso a Internet de alta velocidade

empregando as últimas innovacións tecnolóxicas

soporte inarámbrico

fibra óptica para transmisión de datos

telefonía VoIP

centrais virtuais

Achegamos solucións de comunicacións

tanto en provisión de caudal como en xestión e implantación de redes, para usuarios finais no segmento residencial, empresa, ou entidades públicas, ademais de prover de servizos a outros operadores.

Os proxectos desenvolvidos pola nosa empresa contaron coa confianza de entidades do Exército de Terra e da Armada en gran número dos seus centros residenciais e de ensino, desenvolvementos públicos como os realizados para Concellos, Mancomunidades, Centros de Ensino, así como solucións a medida para grandes almacéns, fábricas, empresas, e o público en xeral.